Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Audio
Insertar

You've dead last night, así soa a nova obra do Retrete de Dorian Gray

Como adianto da estrea do novo traballo do Retrete de Dorian Gray, titulado In Memoriam, aquí vos deixamos unha canción especialmente gravada para a obra na Soyuz, con produción de Xurxo Pinheiro e coas voces de Ramón Bermejo, Marcos Ptt, Sergio Piñeiro e Santi Fru.

A canción titúlase You've dead last night (Ti morriches onte). É unha versión de Chordbuster's March. E di algo así: Cantemos unha canción/Que a memoria se faga realidade/Revive o teu pasado/porque finalmente ti es o teu pasado/Collamos un tren do berce á tumba/coa túa boa amiga a memoria/Únete ao resto da xente/e revive o teu primeiro amor/coa túa amante a memoria/Xa non hai presente/O futuro xa non existe/O pasado é a única cousa que che queda/Deixa atrás as túas teimas/Non tes mañá porque morriches onte.

Pois iso, vinde a esta festa das fotografías sen memoria que é este espectáculo. Estrea o mércores 22 ás 20,30h. E funcións ata o domingo. Sempre na Zona C.