Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


exercitoroxo
Fotos
Insertar

GRAZAS POLA RESPOSTA, O EXÉRCITO DA ULTRANOITE ESTÁ COMPLETO!

A Ultranoite no País dos Soviets que se vai celebrar na Praza da Quintana o vindeiro mércores 26 de agosto ábrese á participación de todas aquelas persoas que queiran experimentar en corpo propio o espírito da Ultranoite.

Precisabamos 20 persoas voluntarias para enrolarse no exército da Ultranoite e xa completamos e superamos o cupo en menos de 24 horas. Moitas Grazas pola resposta! 

Verémonos na Quintana desfilando nese número de inicio, que consistirá nunha coreografía baseada en ritmos percusivos e na estética das multitudes revolucionarias. Non se requiren coñecementos específicos de baile (como é norma en Chévere), pero si ganas de moverse e traballar en grupo e un mínimo ;) de sentido do ritmo. Non hai límite de idade.

As persoas participantes terán que asistir a dous ensaios, dirixidos por Iván Marcos. O primeiro será o luns 24 de agosto de 18,00h. a 20,00h. e o segundo o propio día da actuación mércores 26 agosto de 19,00h. a 20,00h. Indicarase o lugar dos ensaios unha vez feita a inscrición.

As persoas participantes terán entrada e sitio reservado para seguir todo o espectáculo e recibirán un agasallo da Ultranoite.

Animádevos! A Ultranoite é de todas!

2 comentarios

Chévere
Chévere: Conseguido o obxectivo. Xa chegamos ao número que buscabamos. O noso agradecemento a tanta xente que quere participar. Outra vez será!
|
Chévere
Chévere: Canta participación! Así dá gusto.
|