Como parte da Ultranoite no País dos Soviets fixemos un chamamento a través das redes para crear un exército civil da Ultranoite: un grupo de persoas dispostas a ensaiar dúas tardes e logo subir ao escenario xunto cos Chévere e participar nunha coreografía dirixida por Iván Marcos. A resposta foi espectacular e en menos de 24 horas o exército estaba completo. Hoxe deixámosvos a gravación do sketch durante o espectáculo celebrado no Auditorio de Galicia o pasado mes de agosto. Grazas a tod@s os membros desta tropa. Foi toda unha experiencia!
O exército civil da Ultranoite
Le gusta a 3 personas
Haz login o regístrate para poder comentar