Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Especial Arte Sonora

Como portada deste monográfico semanal sobre arte sonora e músicas experimentais, ofrecemos un documento extraordinario: o concerto completo que o dúo holandés Mercurius Wagen deu na NASA o 30 de Xaneiro de 1996. Un concerto de música espacial desde un espazo pre-tecnolóxico, non computerizado, o espazo do futuro-antigo. Horst Rickels creou un instrumento emparentado co vento e coa percusión: un número considerable de foles (inchadores de praia) dispostos en semicírculo e a dúas alturas para seren percutidos coas mans e cos pés, conectados por tubos de goma a outros tanto tubos de órgano de diferente afinación. Un auténtico flipe sonoro, corporal e metafísico. Esta actuación encadrouse dentro do ciclo Outras Músicas, destinado a presentar a unha serie de artistas sonoros dificilmente clasificables, que desenvolvían un labor de investigación e acción creativa dentro do ámbito da música contemporánea, pero desde unha perspectiva persoal, heterodoxa e non acedémica. Un denominador común a todos eles foi a súa condición de compositor-inventor-construtor-intérprete. Unha mención especial para o noso cámara durante moitos anos, Rafa Xaneiro, que con tanto gusto e sinxeleza ocupouse do rexistro videográfico das actividades da NASA, como neste caso.

3 comentarios

xron
xron: Como curiosidade: aquel día houbo na NASA 39 espectadores e recaudáronse 19.000 pts.
|
Lito
Lito: Pois sí que son molantes sí.
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Este concerto foi unha das cousas que máis me fliparon da Nasa. Cousas coma esta foron as que me fixeron pensar "eu quero andar por aquí"
|