O venres 7 de decembro Chévere desembarcou en Lugo para encher de teatro os escaparates do centro da cidade. Foi unha xornada longa e intensa, que comezou ás 12 da mañá e rematou pasadas as 21,30h. Unha experiencia de teatro adaptada ao pequeno comercio. Un día de encontro e convivencia entre artistas e comerciantes. Tamén foi un baño de público, pois foron centenares as persoas que se xuntaron fronte aos escaparates para seguir as actuacións. Unha auténtica festa teatral nas rúas de Lugo. Moitas grazas aos comerciantes que participaron, porque foron os mellores anfitrións do mundo. Moitas grazas a toda a xente de Lugo que nos acompañou ao longo de todo o día. Moitas grazas á Deputación de Lugo por apoiar este proxecto.
EscapÁrate, unha xornada de teatro nos escaparates de Lugo resumida en imaxes
Le gusta a 3 personas
Haz login o regístrate para poder comentar