O verán pasado, Chévere montou en Pontedeume "Escapárate, Teatro en Escaparates", un proxecto para por en valor o comercio de proximidade, realizado en colaboración coa Asociación de Comerciantes Eumesa (UCOA). Aquí vos deixamos un resumo do que foi unha intensa xornada de teatro popular.
Esta foi a segunda vez que o Escapárate de Chévere serve para sensibilizar sobre a dimensión humana e sobre a cercanía do pequeno comercio, despois daquel evento inaugural realizado pola cidade vella de Compostela no ano 2003.