Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Calzados Airaalfombras vermellassilvia, estás aí?miriamlolalola2postitsyenipúblicoavrilparellapublico final
  • Anterior
  • Siguiente
Fotos
Insertar

Escapárate de xénero (Monforte)

Ao longo da mañá do sábado 24 de novembro os escaparates das rúas céntricas de Monforte de Lemos foron o escenario escollido por Chévere para celebrar o Dia Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres. Unha experiancia innovadora de sensibilización e concienciación sobre o problema que representa a violencia machista e sobre a necesidade de resposta. 

Os tres primeiros escaparates presentaron tres retratos vivos e moi distintos de mulleres que sofren malos tratos: Miriam, unha muller xove que oculta a violencia baixo a máscara dun matrimonio perfecto; Lola, quen se debate entre a resignación e a resposta despois de moitos anos de sufrimento en silencio; e Yeni, unha cantante de pachanga que vén de recibir unha malleira do seu mozo.

No último escaparate representouse unha escena que podería estar ocorrendo en calquera sitio, unha parella aparentemente feliz, que se quere e que se entende. Ela prepárase para saír coas amigas, el acaba de chegar de traballar...

Ademais, noutro escaparate fíxose unha instalación escénica na que o público podía pasar a ser protagonista. Convídabase a entrar nun escaparate, sentar e durante 15 minutos escoitar por uns auriculares unha peza de teatro radiofónica sobre os abusos infantís dentro da familia. Deste xeito, o público convertíase en maniquí inmóbil que podía ser observado desde a rúa por outras persoas.

Esta iniciativa foi organizada e patrocinada pola Concellaría de Igualdade do concello de Monforte de Lemos. Moitas grazas polo seu compromiso, pola confianza e pola capacidade de asumir riscos.