No mes de abril a compañía Chévere desembarca en Vigo cunha mostra de distintos traballos recentes. Unha oportunidade perfecta para que toda a xente da cidade e da comarca coñeza a obra da primeira compañía galega en recibir o Premio Nacional de Teatro.
Chévere é consciente das enormes dificultades que existen agora mesmo para garantir o acceso da maioría da poboación á cultura en galego. Conseguilo é unha tarefa que esixe a implicación dos axentes culturais e da cidadanía, máis alá dos limites impostos polas institucións. Por iso Chévere decidiu asumir o risco de presentar en Vigo as súas últimas producións pola billeteira, sen o respaldo económico directo das administracións públicas.
Se queremos garantir o acceso á produción cultural en galego hai que comprometerse. Por Chévere que non quede. Confiamos en contar coa complicidade dos públicos de Vigo e comarca. Axúdanos a espallar a información!
Este é o calendario do desembarco:
XOVES 9 ABRIL, 20,00H. / CAFÉ DETRÁS DO MARCO
Presentación ao vivo do libro-disco-DVD "Máis Alá da Ultranoite (crónica canalla do cambio de milenio 1993-2013), que contará coa presenza de toda a compañía para facer unha proxección comentada de vídeos histórico da Ultranoite e interpretar en acústico a banda sonora da Ultranoite no País dos Ananos. Entrada de balde. http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/mais-ala-da-ultranoite-librodiscodvd-presentaaccion-en-vigo/
LUNS 13 ABRIL 19,30H. / MARCO MUSEO
Proxección e pre-estrea do filme documental "A Viaxe dos Chévere" dirixido por Alfonso Zarauza, que se poderá ver en Vigo por primeria vez. Ao rematar, coloquio co director e algúns membros da Chévere. Entrada de balde.
http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/a-viaxe-dos-chevere/
VENRES 17 ABRIL 21,00H. / AUDITORIO MAR DE VIGO
Función especial do musical "Ultranoite no País dos Ananos", un axuste de contas coa Galicia actual feito con moito humor, irreverencia e unha banda de música ao vivo. http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/ultranoite-no-pais-dos-ananos/
Entradas adiantadas xa disponibles desde 10€: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/gl/teatro/auditorio-palacio-de-congresos-mar-de-vigo/4830---ultranoite-no-pais-dos-ananos-grupo-chevere.html
SÁBADO 25 ABRIL 21,30H. DOMINGO 26 ABRIL 20,00H. / SALA ÁRTIKA
Actuación das Fillas Bravas, tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos. Entradas na billeteira da sala: 8€ http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/as-fillas-bravas/