Dentro do ciclo Jazz en Teo, o pasado 29 de setembro Xacobe Martínez Antelo e o seu cuarteto (Max Gómez, Marcos Pin, Pablo Castaño) ofreceron unha charla-concerto no local de ensaio da Banda da Sociedade Recreativa de Calo, con asistencia de músicos afeccionados e socios da sociedade. Tratábase de achegar aos veciños do concello de Teo a música de jazz da man de músicos profesionais, provocando un encontro e abrindo un diálogo a través da música. Ademais de escoitar pezas clásicas e composicións orixinais do cuarteto, a sesión deu para falar de diversos temas relacionados coa práctica e a historia do jazz.
Matinal de jazz na SR de Calo (Teo)
Le gusta a 2 personas
Haz login o regístrate para poder comentar