O sábado 18, a Nasa celebrou a apertura da nova tempada e máis os seus 18 anos de idade cun concerto de JC Brooks & The Uptown Sound, un grupo vido directamente de Chicago coa firme promesa de facer bailar a todo o mundo si ou si. Probablemente moitos vísedes o concerto en directo porque a sala estaba ata arriba. Para os que non poidesen ir e para os que quedasen con gañas de máis, aquí deixamos un par de cancións.