Citizen, proceso de ensaios
Xuntamos nunha serie os vídeos que se foron publicando durante o proceso de ensaios de Citizen, a triloxía de Chévere sobre o imperio téxtil de A.O.
Citizen 2: Descartes
Preparar unha obra desta maneira, partindo de menos cero (sen texto, sen escenografía, sen dramaturxia previa, etc.), é un exercicio a ceo aberto no borde do precipicio. E para non precipitarse hai que saber cando descartar unha idea, un material, unha escena enteira. Citizen é xa unha colección de descartes. O deste vídeo foi un dos primeiros, cando tratabamos de traballar en escena mesturando actores e maniquís
Le gusta a 4 personas




Haz login o regístrate para poder comentar