Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Chévere presenta Eroski Paraíso

Aquí tedes un avance en vídeo de Eroski Paraíso, a nova obra de Chévere, que xa está en circulación despois de pasar por Muros e Donostia durante o mes de marzo. En abril poderá verse no CSC da Ramallosa en Teo os días 1, 2, 3, 8, 9, 10. En maio en Lalín (día13) e A Coruña (20, 21). En xuño, en Valencia (días 14 e 15). 

Eroski Paraíso é unha peza asulagada en intimidades, baseada no traballo de actor e que propón ao público asistir como observador á rodaxe dunha película documental, superpoñendo no escenario a mirada cinematográfica e a teatral, reutilizando a linguaxe do cinema e os recursos do documental creativo para facer unha obra especificamente teatral. 

Un vídeo de Númax para Chévere, coa participación de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Luis Martínez e Fidel Vázquez.