Non temos moitas palabras para expresar o que sentimos pola morte de Fran, pero sabemos que unha parte del sempre estará no escenario da Ultranoite, no traballo de Chévere, no que foi a Nasa e moi adentro de todo nós. Deixamos esta pequena mostra de entre tantas cousas que compartimos. A reinterpretación que fixo xunto a Patricia do dúo Louis Armstrong e Ella Fitzgerald cantando Cheek to Cheek.
Acompañan en directo Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.