Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Chamáchesme filla brava!

As Fillas Bravas preséntanse o martes 1 de xullo na Mostra de Teatro de Cangas, ás 23,00h. na Salasón.

Ai, chamáchesme filla brava
coidaches que me ferías
non me has ver avergonzada
se era eso o que querías.
Ai alelo, ai alala (bis)

Yo no tengo ni quiero
tener un padre
que tengo buen arreglo
con una madre.

Ai, pra arreghlar a miña vida
ben me valín sempre soa
e así será a miña filla
como súa nai e súa avoa.
Ai alelo, ai alala (bis)

Para abril, para mayo,
para noviembre,
para la primavera,
cando veña ben.

Ai, para governar o mundo
muller non é coma home
cantámolo con orgullo:
nós somos moito mellores.
Ai alelo, ai alala (bis)

Padre y muy señor mío
no hay nada que hacer
la que quiere o no quiere
siempre es la mujer.

2 comentarios

Chévere
Chévere: Un comentario da estrea tirado do Facebook de Afonso Becerra: "Veño da estrea, na Salason Cangas, d'AS FILLAS BRAVAS. Un magnífico traballo de transformación interpretativa das actrices Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar, en tres mulleres do rural de idades e pensamentos avanzados. A través da revisión dunha escolma de cantos populares, coa axuda das pandeiretas e das culleres, practican un empoderamento da muller, tanto no que atinxe á sexualidade como no que respecta á xestión da vida en xeral. Os comentarios desinhibidos e as cancións que ispen as relacións entre mulleres e homes, xunto ás actitudes aparentemente espontáneas e libres, fan as delicias do público. O humor verde revélase de xeito explícito e atrevido unhas veces e outras a través do xogo e a reflexión sobre as metáforas e os símbolos que nas cancións populares agochan as mensaxes máis impúdicas. Todo para reivindicar o poderío e o vitalismo da muller, cuxas ansias de autonomía e liberdade xa latexan nas letras das vellas cancións. As tres mulleres, como Rosalía, non cantan as pombas e as flores... senón aquilo que lles proe e que lles peta. "Daquelas que cantan ás pombas i ás frores todos din que teñen alma de muller; pois eu que non as canto, Virxe da Paloma, ...............¡Ai!, ¿de qué a teréi?" Como As Tres Gracias hai nelas ledicia e forza indómita. O espectáculo son elas tres cara ao público contando e cantando. As actrices constrúen tres retratos sociolóxicos da muller rural valente e saben recoller o "gestus" que aglutina a súa idiosincrasia, pero, ademais, interprétanas singularizándoas e volvéndonolas reais e auténticas."
|
Chévere
Chévere: Que ben o pasades... e que ben o imos pasar!!! Vivan as fillas do vento!
|