Produccions del Mar chegou á NASA desde Baleares con esta obra de Daniil Kharms a través da Rede de Teatros Alternativos. Este autor ruso do período post-revolucionario foi unha auténtica descuberta para todas as persoas que vimos a obra. Delirante, amargo, divertido, escuro. Un tipo que sobreviviu á fame e á enfermidade a base de imaxinación e humor negro. Moi recomendable. En escena Sergi Baos, Margalida Grimalt, Joan Manel Vadell. Dirección de Joan Carles Bellviure.
Camarada k
Le gusta a 5 personas
2 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
MON NASA:
Un gustazo desfrutar do traballo desta compañía!
Cando se examinan as decenas (ás veces centenas) de propostas que se presentan a un Circuito como este da Red de Teatros Alt., no que na fin só podemos presentarvos tres ou catro delas, é dificil a través dun dossier e un video sentir que estas escollendo ben. No seu caso non foi así: un texto estimulante, unha dramaturxia intelixente e áxil, un traballo actoral excelente, a cuidada posta en escea, os ambientes sonoros... Todo inducía a pensar que desta volta o adianto se quedaba curto co que poderíamos ver no palco, e así foi. E por riba un auténtico pracer traballar e tratar con el@s.

Patricia de Lorenzo:
Un gran traballo, un autor sorprendente, unha xente encantadora.