Os días 25 e 26 de Xuño e 2 e 3 de Xullo ás 23,00h. volve a Antoloxía da Ultranoite con máis números rescatados do esquecemento e con máis artistas vencellados a esta revista radical da actualidade: Mofa e Befa, Quico Cadaval, Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Carlos Blanco, Mago Romarís, Manu Lago, Marta Pazos, Marcos Ptt, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Iria Pinheiro, Arantza Villar..., repartiranse entre as catro noites para gozo de propios e, sobre todo, extraños. Como mostra do que se aveciña, publicamos este vídeo da Ultranoite Antolóxica do pasado mes de Marzo, que recolle o final con tutti guiado por Ana Pudor e Javi Abraira.
Antoloxía da Ultranoite: final con tutti
Le gusta a 12 personas
7 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Sonia Castelo:
PARABÉNS A TODOS POLOS 17 TAN ESPLÉNDIDOS. QUE BOS RECORDOS!!!!! SODES A HOSTIA!!!!!!!
marisa f. falcón:
que saudades das Ultranoites e da sala Nasa. Ainda bem que ainda posso ver estas coisas. Obrigada,
Txolo Wallace:
o próprio nome o di: ULTRANOITE.
Isa Bandín:
Encantoume o "remember"... pero tivo un punto negativo: fíxose curta!!!! Noraboa a tod@s
Patricia de Lorenzo:
Realmente emotivo, quen o día dicir, nunha Ultranoite...
:
Está o home a morrer e está a aprender! Mira ti onde fun aprender o que significa :D