Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Acibeche: culebrón de rúa

Este ano que acabamos de estrear, Chévere fai 25 anos, e queremos celebralo recuperando algúns proxectos de tempos pasados. Desta vez, deixámosvos A Vida Rosa / Acibeche, un culebrón ambientado nas rúas de Santiago hai xa máis de 20 anos.

No 1991, Chévere levou á rúa  para divertimento e xuízo público este culebrón que descobre que a vida non é un camiño de rosas. Esta é a vía que percorre Acibeche, unha rapaza dominicana de procedencia humilde, enganada e maltratada pola vida, nunha orgullosa rapaza cuxo amor se disputan Segundo Xoan Paulo, un seminarista de brillante futuro baixo a protección do cardeal Berenguela, e Wolfram J.B., o maleado herdeiro dunha inmensa fortuna. Con Blanca Cendán, John Eastham, Miguel de Lira, Vicente Mohedano e Xron.

En realidade, este foi un proxecto de teatro de rúa para os Encontros Europeos no Camiño de Santiago. Tratábase de simular a gravación dun culebrón televisivo, un formato novidoso e moi de moda naquela altura, nas rúas de Compostela. Con esta disculpa e ao longo de todo un día, sucedíanse as gravacións en distintas localizacións. En cada unha pedíase a participación do público, integrándoo na gravación. A música ambiente era tocada ao vivo por algúns dos músicos que entón tocaban polas rúas da cidade. Contouse coa participación dos castañeiros da Rúa Nova, dos bombeiros, de persoeiros composteláns como Roberto Vidal Bolaño.... E todo remataba nunha escena ás portas da igrexa do Pilar da Alameda, para a que se pediu ao público que viñese vestido de voda (por desgracia, esta escena falta na gravación). Con todo isto, o auténtico espectáculo estaba no que non saía na tele, no que non podemos ver neste vídeo: as probas e ensaios co público, a aparición do "especialista" para substituír ao galán nas escenas de risco, a repetición das tomas pola inoperancia dos actores, os cortes de tráfico, as bromas dos técnicos, a desesperación do director... En fin, eran outros tempos en Compostela.

7 comentarios

MCortés
MCortés: O encargado de facer a neve rañando un anaco de poliexpam era eu, que estaba no balcón do Pazo de Bendaña. Foi o meu primeiro traballo en Chévere. O de maior responsabilidade, sen dúbida.
|
Juancho Gianzo
Juancho Gianzo: Namoreime dos efectos especiais! Esa neve! hahahaha
|
xron
xron: Gravación e edición de Antonio Caeiro, un videomaker todoterreo daqueles tempos
|
Tomás Lijó
Tomás Lijó: dios, supersenlleiro, de cando se montarelaba sen computadeiras !!!
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: E quen gravara e montara este vídeo?
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Que gran traballo de produción!
|
Suso Sanmartin
Suso Sanmartin: Dou fé porque, junto com outros amigos que também aparecem no vídeo (José Maria Duram Medranho, Manuel Prego...), figem um 'casting' na Porta Faxeira e tivem a fortuna de ser eu o escolhido para interpretar um pequeno papel de "figurante com frase" (tinha que berrar pedindo um táxi) no mesmo local.

Ainda que me vejo perfeitamente entre o público na cena em que o seminarista Segundo Xoan Paulo compra umhas castanhas ao castanheiro na Rua do Vilar [07:24-07:40], nom consigo ver-me na confusa (e montada "a câmara rápida" polo amigo Antón Caeiro) cena em questom. Tam mal o faria? ;-P

Seja como for, quem me dera poder ver-me em accçom! Conservades esses 'brutos' ou nom?
|