Con este vídeo de Siniestro Total imos comezar o rescate dalgúns dos moitos documentos históricos que atesoura o arquivo da Sala Nasa, e que iremos publicando durante o que resta do mes de agosto. O que vos presentamos aquí é un fragmento do concerto que deu inicio á xira de Historia do Blues, un disco do ano 2000 que serviu a Siniestro Total para achegarse ao mundo do blues. Como vedes, tratábase dun concerto-espectáculo bastante teatral, que contaba a historia dun suposto bluesman chamado Jack Griffin, para o que se coontou co actor Manuel Manquiña. A escenografía era de José L. Arrizabalaga e entre os colaboradores podedes ver a Rómulo Sanjurjo (acordeón ex-Diplomáticos).
Rock gallego en la Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego deste periodo: os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son... Hoxe recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e a dua labor como escaparate da cultura galega.
Del archivo de la Nasa: la Historia del Blues de Siniestro Total
Haz login o regístrate para poder comentar