Este vídeo é o dosier dun proxecto de intervención escénica que Chévere enviou á Bienal de Barcelona de 1990, un evento que entón trataba de romper límites entre linguaxes artísticas. Evidentemente o proxecto non foi seleccionado. Pero 20 anos despois convírtese nun documento excepcional, non só por evidenciar a inxenuidade duns rapaces que intentaban innovar formatos teatrais ás tolas, senón por amosar anacos dunha cidade que estaba en plena transformación urbana. Podedes ver As Fontiñas en construción, as leiras de Meixonfrío antes do boom inmobiliario, os baretos do Franco antes da chegada das viñotecas e os todoacen...