As Sesións Vibracionais do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro foron
un ciclo centrado na investigación da riqueza da improvisación libre,
así como na articulación e despregue do inmenso potencial do proxecto
O.m.e.ga (Orquestra de Música Espontánea de Galiza). Esta é a gravación da derradeira sesión celebrada na Sala Nasa: Ah-Unha, unha proposta de Pablo Rega para un número indeterminado de músicos baseada en sistemas de organización de material sonoro, onde os intérpretes toman as decisións compositivas que crean oportunas, o como, onde, cando e canto dun material sonoro e como este se relaciona e afecta ao resto da peza.
A derradeira sesion vibracional na Nasa
Le gusta a 1 personas
Haz login o regístrate para poder comentar