Máis Alá da Ultranoite (crónica canalla do cambio de milenio 1993-2013) é algo máis ca un libro. Trátase dunha edición feita para documentar esta experiencia de autodeterminación teatral que ao longo de 22 anos reflexou sobre o escenario a realidade que nos tocou vivir. O libro recolle todas as Ultranoites realizadas desde aquela primeira de xaneiro de 1993, situándoas no calendario en relación a un feixe de acontecementos culturais, políticos, económicos e sociais que deron forma á nosa memoria colectiva.
Ademáis, o libro vai acompañado dun disco coas cancións enormes da Ultranoite no País dos Ananos, composicións feitas por Xacobe Martínez Antelo e interpretadas por Max Gómez, Manuel Cebrián, o propio Xacobe e o elenco de actrices e actores de Chévere. Unha gravación que rexistra para a memoria unha das bandas sonoras máis ambiciosas do teatro galego.
Para completar o lote, o libro inclúe un DVD con case cen clips de vídeo que servirán para lembrar algúns momentos memorables da historia da Ultranoite: mestres de cerimonias, personaxes da actualidade, números que se converteron en clásicos, finais con tutti, stripers imposibles, cancións para dar e tomar e unha escolma de aparicións estelares de xentes como Chévere, Mofa e Befa, Magical Brothers, Quico Cadaval, Carlos Blanco, Os Da Ría, John Balan...
A partir do 15 de decembro o libro estará disponible nas librarías galegas. O prezo é de 22€.
Se non o atopas, non dubides en contactar con nós: prensa@grupochevere.eu