Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Mariano, si hay algo en lo que coincidimos, es en la Ultranoite

Pablo citou a Mariano para encontrarse na Ramallosa. Non é un feito casual. Todos sabemos que se hai algo no que se poden poñer dacordo, iso é a Ultranoite. Porque os dous son habitantes dese submundo da escena galega que explora as relacións máis inesperadas da actualidade.

A Ultranoite volve a Teo en xuño e durante dúas fins de semana, para dar mellor acollida a toda a xente que a acompaña.

Será o venres 3 e sábado 4 e o venres 10 e sábado 11. Atención que comeza ás 22,30h. Coma sempre, podedes mercar as vosas entradas aquí na Redenasa ou nos puntos habituais: Santa Sede (Ramallosa), A Senra (Pontevea), Panadería San José (Cacheiras) e Scq bar (Compostela, rúa das Orfas). E lembrade que tamén funcionará o servizo de Ultrabús entre Compostela e Teo antes e despois do espectáculo.

Ademáis, a partir de agora podemos garantir a estabilidade e continuidade das Ultranoites, xa que a relación entre o grupo Chévere e o concello de Teo vaise regular a través dun contrato-programa de tres anos, froito dun concurso público que se acaba de resolver a favor de Chévere. Así que, como mínimo, contade cunha Ultranoite en primavera e outra no outono.