LegaleónT veu por primeira vez á Nasa en 1999 con esta peza orixinada a partir dun texto de Antón Reixa. Viñan de Irún e aínda virían máis veces, as últimas xa como L'Alakran, a versión suiza da compañía orixinal, convertíndose nun dos nosos grupos de referencia.
Este espectáculo comezaba cunha gravación que dicía: "A propósito dun retrato que Xurxo Fernández lle fixo a Hanna Schygulla pero sobre se lle tiramos unha foto a un cadavre e sae movida ¿Quén ten a culpa? ¿O fotógrafo ou o cadavre?" Mentras se escoitaban as respostas deixadas por diferentes persoas nun contestador automático, un tipo caracterizado ao Buster Keaton colocaba varias copias dunha foto de Hanna Schygulla. Despois saían outros dous persoanxes e comezaba unha acción de difícil descrición: os dous actores entregabanse á execución dunha complexa partitura de xesto-palabra-acción, dividida en cinco partes (que correspondían cos cinco cambios de vestiario dos actores), e atravesada por numerosas interrupcións, tanto do terceiro personaxe, como dos mesmos actores que de súpeto incorporaban novos personaxes nun inusual procedemento de teatro dentro do teatro.
En escena: Espe López, Patxi Pérez y Javier Molina. Dirección: Oskar Gómez Mata.