Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Fernando Aguiar: poesía (experimental) e máis

Fernando Aguiar (Lisboa, 1956) é un dos principais axitadores da escena poética e performativa de Portugal. É un incansable creador e promotor de proxectos arredor da poesía experimental, a figura que soubo enlazar aos poetas vangardistas dos anos 60-70 con aqueles que iniciaron a súa actividade nos 80 e 90.

Nós na Nasa sempre sentidos unha atracción inconfesable cara os territorios máis inexplorados da creación poética, esa fronteira cada vez máis asaltada entre a palabra, o son e as imaxes. E tamén nos interesou sempre a escena cultural portuguesa menos previsible. Aquí atopamos ao gran Alberto Pimenta (fixo unha alucinante intervención na Nasa da que non conservamos documentación), e a Fernando Aguiar, a quen convidamos á Nasa no seu incansable labor de difusión das poéticas experimentais. Chegou coas súas letras soltas, os seus sons, con ese decorado construtivista de quitar e poñer nun santiamén e, sobre todo, co seu oficio performativo. Porque ademais de todo, Fernando Aguiar demostrou ser un auténtico profesional da performance. Un deses bechos raros, tan necesarios para seguir respirando.