Traemos de volta, directamente dende o ano 93, un concerto de Nicho Varullo. Postpunk feito en Compostela, a banda na que coincidiron Carlos Santiago, Pepe Sendón, Fran Pérez e Antonio Pérez. Un grupo cunha personalidade curtida en decenas de escenarios e garitos, que chegou a editar un mítico disco de vinilo co selo Spectra, con deseño en cartón de Fausto Isorna. Aínda resoan nas galerías máis profundas do subsolo de Compostela cancións como En tu látigo, Llegó el Polaco ou Casco Vello.
Rock gallego en la Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego deste periodo: os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son... Hoxe recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e a dua labor como escaparate da cultura galega.