Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Comentarios

Que mellor lugar que a Porta Santa da catedral para falar do calendario anano? Arantza Villar explícanos como organizan os ananos o tempo, e aclara o motivo polo que esta especie pasa por tempadas de actividade frenética e seguidar por outras de parón total.

Xa levamos uns días de funcións no Auditorio da Ramallosa e foron xa varios os medios que publicaron novas, crónicas ou entrevistas sobre a Ultranoite. Por se tedes ganas de ler, e mesmo de comparar, hoxe deixámosvos unha escolma do que foi saíndo. Premendo nas ligazóns podedes botarlle un ollo ao que publicaron Praza, Magazine Cultural Galego e Sermos Galiza. Tamén á nova de La Voz de Galicia. Se sodes máis de televisión, tamén podedes ver esta entrevista a Mónica García.   Isto de momento, xa vos teremos ao tanto das novidades.

O venres pasado representamos por primeira vez O País dos Ananos en Pontevedra. Os nervios son inevitables antes dunha estrea, pero así foi como rematou.

Nos últimos días os ananos estiveron a aparecer nos medios, antes da estrea do espectáculo en Pontevedra. E aquí podes ler o artigo que escribiu Praza sobre nós. Se queres saber que contan de nós, aquí pódeslle botar un ollo á peza que fixo Zig Zag.  A partir do 25 de abril esperámoste en Teo.

Manuel Cortés fálanos hoxe dos ananos e os seus gustos en materia de comida: ante todo cantidade, e se é en grupo, tanto mellor.
O fotógrafo Matteo Bertolino introduciuse de incógnito entre os ananos para retratalos no seu hábitat. Esta é unha mostra do que captou.
Patricia de Lorenzo mergúllase no mundo dos ananos para falarnos dun dos aspectos máis singulares do seu comportamento: os seus gustos musicais