Pois xa puderon quedar contentos no CDN, pero mais contentos quedamos os espectadores de Madrid, tanto os emigrantes/embaixadores galegos (dos que formo parte) como o resto dos madrileños que foron ver a obra. Quedamos todos encantados. Moitos repetimos e tripitimos. Xa somos parte do clube de fans de Chévere en Madrid, ainda que de momento sexa un clube de fans virtual/emocional.
Eurozone: que boa terapia! Sempre pensei que nunca seria capaz de cargarme a ninguén. E que medo darme de conta de que, non só vexo que sou capaz de torturar e aniquilar, senon tamén de disfrutar facéndoo. Bufffff... Vou ter que pedir axuda. Síntome unha auténtica "troikarracho's killer".
O peor de todo? Que despois destas semanas facéndonos pensar, desfrutar e rir, agora alguns nos sentimos un pouco orfos. Non vos vai quedar outra que repetir!
Menos mal que seguimos estirando o "revival" grazas às críticas que se seguen publicando e que tamén é unha gozada poder ler e compartir.
Grazas por este inesquecible Novembro 2013 en Madrid. Novembro Chévere. Agardámosvos no 2014.