Vén o pelo para estas datas!
Rede Nasa
Comentarios
Magnífic@s!! grazas por estes momentos
Pois conmigo tamén podedes contar para todo. Non teño palabras, estou muda, estou incrédula. Tén que haber solucións a este atentado cultural e os que nos quedan por ver.. Non podemos consentir isto é un asunto de máxima trascendencia para a liberdade creativa, artística e cultural de Compostela. Un alcalde non pode ter todo o poder de decisión para aglutinar tanta represión, outra cousa é que se lle permita; hai outros poderes públicos estatais e institucionais que estan por riba del, hai que comunicalo e expresalo ás máximas instancias ministeriais e culturais do pais , os órganos de competencia, os grupos parlamentarios galegos ... o que sexa para mandalo parar e que o fagan reflexionar. Non é momento para lamentacións, con estas cousas hai que pasar a acción e non deixar pasar tempo, deixarnos de tanta tolerancia, argumentos e reflexións sentimentais. Coido que non todo esta perdido ... temos que pararnos a pensar que vias e poderes deste pais son as axeitadas para dirixirse a elas para transmitir esta grave problemática que afecta ao futuro dun sector que xa demostramos sobradamente que somos grandes profesionais, que nesta terra existen grandes actores e artistas que traspasan fronteiras ... Non deixemos que isto ocurra por favor, non podemos postularnos no victimismo. Dignidade e profesionalidade SI, pero parvos NON.