Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Ultranoite no Pais dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Ficha artística

Título: Ultranoite no Páis dos Ananos
Xénero: Cabaré nihilista
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.
Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo. Textos e letras: Manuel Cortés. Escenografía, roupas: Carlos Alonso. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Vídeos: Cuco Pino. Deseño gráfico: Fausto isorna. Comunicación: Xana García. Fotografía: Matteo Bertolino. Produción: Patricia de Lorenzo, Xesús Ron. Producido con axuda de Agadic e Concello de Teo.