Rede Nasa
Ultranoite no Pais dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Fin de tempada en Teo con 1500 espectadorxs
Redacción Chévere:Rematou a tempada da Ultranoite no País dos Ananos en Teo, despois de permanecer tres semanas en cartel, con oito funcións realizadas a cabalo da ponte do primeiro de maio e un total de 1.472 persoas que viñeron ver a obra. A media de asistencia foi de 184 persoas por función e o nível de ocupación chegou ao 75%. Datos magníficos para unha obra de teatro, máis se temos en conta que non son cifras dun teatro público, nin sequera dun teatro dunha gran cidade. Son os resultados acadados por unha compañía de teatro privada cunha obra crítica co poder e posicionada políticamente, que foi exhibida nun pequeno concello. Unha obra tamén ambiciosa, tanto no plano artístico como na produción, cun elenco de 9 intérpretes, un musical made in Galiza con banda no escenario e actores e actrices cantando ao vivo. Datos que avalan unha vez máis o modelo de compañía residente posto en práctica por Chévere en Teo, malia non contar co apoio da Xunta nin dos teóricos do teatro. Pero a realidade vén demostrar máis unha vez que un dos futuros do teatro pasa por trascender a lóxica do bolo puntual. Para crear novos públicos, para fidelizalos e para facer sostible o traballo dos profesionais cómpre unha dinámica distinta dos fluxos de produción, programación e comunicación que pasa por aumentar a permanencia en cartel das obras. Se un concello periférico, que non chega a 20mil habitantes e que non ten ningún núcleo urbano pode programar obras de teatro galegas durantes tres, catro e cinco semanas con medias de asistencia que se achegan aos 200 espectadores, que obxectivos non se poderían acadar nos teatros das grandes cidades galegas...
Haz login o regístrate para poder comentar