Rede Nasa
Ultranoite no Pais dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
O calendario anano
Redacción Chévere:Que mellor lugar que a Porta Santa da catedral para falar do calendario anano? Arantza Villar explícanos como organizan os ananos o tempo, e aclara o motivo polo que esta especie pasa por tempadas de actividade frenética e seguidar por outras de parón total.
Haz login o regístrate para poder comentar