Rede Nasa
Ultranoite no Pais dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Leo, leo... que les??
Arantza Villar:Como auto-regalo do Día do Libro, xa teño entre as mans o Viaxe ao País dos Ananos de Celso Emilio Ferreiro. Xa o lin varias veces grazas á biblioteca municipal, pero foi tan importante nesta Ultranoite, que pagaba a pena mercalo. Aquí vos deixo parte do poema que serve de inspiración para o número de inicio "Índices Estadísticos pra un plan de desenrolo" e o bonito marca páxinas que nos fixeron con moitísimo cariño as nosas amigas de Cacheiras, Paloma da Panadería San José e Ana da librería O Trasno Viaxeiro.
Haz login o regístrate para poder comentar