Matteo:
gustame moito!!!!!!!
Rede Nasa
Ultranoite no Pais dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Cancións enormes para un País de Ananos
Redacción Chévere:Se o outro día vos falábamos da relación dos ananos coa música, hoxe falámosvos da música composta para o Pais dos Ananos, as enormes cancións que Xacobe Martínez Antelo fixo especialmente para este espectáculo e interpretadas en directo polo equipo Chévere. O tema que vos deixamos aquí é o de apertura, que vos pode dar algunhas pistas sobre o espectáculo. Se queres, tamén podes ler a letra na columna dereita deste blog, que xa che deixará clariño por onde van as cousas.
Le gusta a 1 personas
1 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar