Rede Nasa
Ultranoite no Pais dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Os ananos nos medios
Redacción Chévere:Nos últimos días os ananos estiveron a aparecer nos medios, antes da estrea do espectáculo en Pontevedra. E aquí podes ler o artigo que escribiu Praza sobre nós. Se queres saber que contan de nós, aquí pódeslle botar un ollo á peza que fixo Zig Zag. A partir do 25 de abril esperámoste en Teo.
Haz login o regístrate para poder comentar