Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Ultranoite no Pais dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Xacobe Martínez Antelo

Xacobe Martínez Antelo

Xacobe Martínez Antelo nace en Compostela en 1976. Músico, productor, compositor, contrabaixista... Ten participado en máis dunha treintena de discos e ten colaborado en directo con multitude de artistas galegos e internacionais. O seu campo de actuación foi e vai do jazz ó rock, pasando polas artes escénicas e o audiovisual, a musica tradicional, ou o pop. Traballa con Chévere dende hai xa máis de 10 anos.