
Redacción Chévere
Chévere é unha compañía de axitación teatral con 25 anos de traxectoria. Neste tempo, converteuse nun dos grupos de teatro máis populares e queridos de Galicia, sorprendendo ao público non só co seu peculiar sentido do humor, senón tamén con proxectos sempre innovadores e unha estética e un estilo propios e moi recoñecibles. Aínda que mantén un núcleo estable (Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron), Chévere caracterizouse por incorporar aos seus proxectos a numerosos profesionais de distintas procedencias xeográficas e creativas, convertíndose nunha auténtica canteira teatral.