Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Manu

Hai uns días morreu Manu, loitando ata o último momento pola vida cunha forza e dignididade que nos servirá sempre de exemplo para non dar nada por perdido. Manu era malabarista, pallaso, desa xente que ama o circo de verdade. Coñecímolo cando el e algúns outros rapaces como Pablo, Pajarito, Cou ou Ptt empezaron a vir pola Nasa e desembarcaron na Ultranoite para renovala cunha dose extra de enerxía e públicos máis novos. Manu era aquel que destacaba entre todos pola súa altura e delgadez. En escena os seus movementos eran elegantes, as súas mans acariñaban as bolas coma se tivesen a capacidade de deixalas suspendidas no aire e se algo acababa caendo ao chan era quen de desarmarte ata o máis profundo nesa pausa que aproveitaba para mirarte abrindo os ollos nun sorriso que contiña toda a vulnerabilidade dun neno e a maxia do pallaso. Quedarémonos con esa alegría calada e con esa súa determinación por vivir como él quixo facelo.

Neste vídeo recóllese un número daquelas primeiras ultranoites nas que participou, a Ultranoite Antes do Nadal do ano 2001. Manu e Pablo traducían a malabares a estereotipada imaxe dos nenos de San Ildefonso cantando os números da lotería de Nadal.

1 comentarios

Pablo Trasno
Pablo Trasno: Diooossss nin me lembraba...
|