Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo

Momentazos Ultranoite

Máis de 20 anos de Ultranoite deron para moito. Para facer comedia, música e performance, para darlle unha primeira oportunidade de subir ao escenario á xente que estaba comezando a actuar, para volver traer de visita a xente que xa levaba moito tempo actuando e mesmo para escribir unha crónica de Galicia gamberra e alternativa á oficial, e que se fai evidente ao repasar os temas das máis de 80 Ultranoites que levamos feitas dende o ano 93 ata hoxe. Agora estamos a preparar un libro sobre o noso particular cabaré de variedades, no que incluiremos algúns dos nosos e dos vosos momentos favoritos da Ultranoite, e para isto pedímosvos axuda.

Cales son os teus momentazos Ultranoite? Que número recordas con máis cariño? Tes fotos ou vídeos perdidos polo ordenador? Compárteos con nós!

Insertar

Jackie Balcells "The Ripper" pégalle un repaso á literatura

Jackie Balcells "The Ripper", famosa axente literaria do século XIX, destripa os textos de Xulio Verne, Arthyur Conan Doyle e dunha Rosalía de Castro menos melancólica do habitual. Ultranoite Retrofuturista. Maio de 2011.

9 comentarios

RedeNasa
RedeNasa: Ola Antonio, perdoa que tardásemos tanto en contestarche. Tes un vídeo dos Tristáns aquí: http://redenasa.tv/video/os-tristans/
No buscador que está arriba á esquerda podes procurar vídeos por palabras clave!
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Hai vídeos dos Tristáns catalogados nos arquivos da redenasa. Só falta o tempo de subilos. Pero tomaremos nota.
|
Antonio
Antonio: ¡Muy bien Patricia! No sabía que además de cantar de puta madre (te seguía cuando estabas con Os Tristáns) tenías esa bis cómica... ha sido una sorpresa encontrarte de nuevo sobre un escenario, aunque me gustaría encontrar más actuaciones musicales tuyas. ¿No hay vídeos musicales de Os Tristáns? Un abrazo.
|
Javier Abraldes
Javier Abraldes: Pues yo no noto eso de que estás leyendo el texto. Y los momentos en los que dices por qué no vas -el personaje no va- a los bares son de antología.
|
Maria Seijas
Maria Seijas: Magnífic@s!! grazas por estes momentos
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Gracias, nótase bastante que vou lendo o texto non? Este numeriño foi á caída total.
|
Javier Abraldes
Javier Abraldes: Patricia estos papeles los borda...
|
Arantza Villar
Arantza Villar: Bravo compañeiros!!!! Menos mal que temos a Redenasa para poder todos os numeritos das Ultras... é coma cando había o monitor no camerín!!!!!
|
Xacobe Martínez Antelo
Xacobe Martínez Antelo: maravilla!!!
|