Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

De Parto a Omega: novo libro-dvd sobre a improvisación libre, nas librarías o 15 de decembro

Redenasa.tv e o Grupo Chévere veñen de incorporar á colección Ultratextos Documenta o libro-dvd De Parto a Omega, 10 anos de improvisación libre; un percorrido polas prácticas experimentais ligadas á improvisación musical que acolleu a Nasa ata 2011. O libro estará á venda a partir do 15 de decembro en Santiago (libraría Follas Novas, libraría do CGAC, Quiosco Ártico-rúa do Villar), en Vigo (libraría do MARCO), en internet (www.toupa.net) e noutros puntos de venda dos que iremos informando. Mentres, deixámosvos con esta entrevista a Patxi Valera realizada no derradeiro concerto da OMEGA na Nasa.

O libro inclúe textos inéditos de Lloréns Barber, Chema Chacón, Wade Matthews, Patxi Valera e Marcos Lourenzo. E ademais, un DVD con vídeos e audios de Parto, o Aquófono e OMEGA.

2 comentarios

aCentral Folque
aCentral Folque: longa vida aos improvisadores galegos!
|
Mike Trompy
Mike Trompy: Bo Traballo Camaradas¡¡Isto está Caralludo e seguro que abrirá unhas cantas Cacholas máis para comezar a meterse neste Impromundo¡¡Sau2 e Saude¡¡
|