Esta fin de semana Chévere ofrece as dúas derradeiras funcións de Eurozone coincidindo cunha nova volta de torca na crise da Unión Europea. Ao tempo que Eurozone prepara a súa despedida do Auditorio da Ramallosa en Teo, os cidadáns de Chipre veñen de sumarse ao clube de perdedores do casino da Troika, no que xa se contan de Grecia, Portugal, España, Irlanda e Italia, unha derrota que lles custará unha parte aínda por decidir dos seus aforros bancarios. Da indignación que debe sentir a poboación ante esta expropiación danos idea o feito de que onte un home tentase derribar unha sucursal bancaria cunha pala excavadora.
Así as cousas, e para despedir Eurozone dun modo acorde cos tempos que corren, esta semana ímosvos propor un concurso moi especial. Poñédevos no lugar dun chipriota (ou dun galego, que para o caso tamén nos vale) e pensade que lle diríades a Merkel (ollo, só se admiten propostas verbais, non queremos excavadoras esta fin de semana na Ramallosa). Incorporaremos as mellores suxerencias nunha das escenas da obra e regalaremos dúas entradas dobles para cada día ás dúas propostas que máis nos gusten. Podedes deixar as vosas mensaxes no Facebook de Redenasa ou lanzalas a través do Twitter coa etiqueta #eurozonechevere antes do venres ás 12.00 do mediodía.
Por suposto, para este concurso non existen bases nin baremos e tampouco faremos nada ante notario. Pero é que estamos a falar da Eurozona e tanta transparencia non sería axeitada.
Concurso Eurozone: dedícalle unhas palabras a Merkel e gaña unha entrada para esta fin de semana
Le gusta a 1 personas
2 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Expo:
La bunker-bank ou tamén poderia chamar-se-lle a Euralita que vai moito co seu carácter.
Ines Portela:
Miña nai sempre dí unha frase moi boa para expresar que algo está "como o carallo", para referirse a unha desgracia... Sempre di: "Ay!! que desgracia de madre, tres hijas y cuatro putas". Tendo en conta que a Merkel son 3 irmáns... pois tamén se aproveita para insultar a toda a familia