A dobraxe foi unha das prácticas que fixemos no campamento teatral de Chévere en Teo que vén de rematar. Conducida por Patricia de Lorenzo, que foi actriz de dobraxe durante moitos anos, propuxemos aos nenos e nenas participantes facer a dobraxe da primeira escena da peli Río Bravo, que non ten apenas diálogos, pero si unha chea de ruídos e sons incidentais que habería que reproducir só coa nosa voz. Este é o resultado.
A dobraxe de Río Bravo en Berberechévere
Le gusta a 2 personas
3 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Chévere:
En breve subiremos a actuación que estivo moi ben.
Javier Abraldes:
Está moi ben. Intentei velo primeiro co navegador de Google y non ía. Logo usei o Mozilla Firefox e xa non houbo problema.
Chévere:
Títulos de crédito feitos con Stop Motion e a técnica de ghosanitos peghados con cuspe infantil.