Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Teatro en portugués en Teo como parte do proxecto Escena Ibérica

A véspera de Samaín, día 31 de outubro ás 21,00h., recibiremos en Teo á Companhía de Teatro de Braga, unha das máis veteranas de Portugal, que ofrecerá no Auditorio Constante Liste da Ramallosa unha función en versión orixinal en portugués do seu espectáculo Aínda o último judeu e os outros, escrito e dirixido por Abel Neves. A función enmárcase dentro do programa Escena Ibérica, unha iniciativa na que participa Chévere xunto con 10 compañías e institucións de España e Portugal, coa que se busca estreitar lazos co país veciño a través do intercambio escénico e cultural.

1 comentarios

Graciela
Graciela: Carxs, como é que programa teatro em português no mesmo dia e hora em que em Santiago temos o Arritmar, uma celebração da Lusofonia que organiza a própria Escola de Línguas? Com certeza, coma mim há muito pessoal interessado na peça do Teatro de Braga, seria possível mais outra representação no dia prévio ou a seguir? E muito obrigada pelo vosso trabalho sempre!
|