Rede Nasa

Combina los criterios de búsqueda para encontrar el material que estás buscando


Vídeo
Insertar

Marinaleda City

Despois do éxito da Ultranoite na Coruña poñemos rumbo a Teo, onde se presentará a próxima Ultranoite os días 2 e 3 de novembro.

Coma sempre, a Ultranoite transporta música ao vivo, humor irreverente, teatro feito a pé de rúa, onde a espontaneidade e a improvisación faise con alevosía e nocturnidade. Un cabaré distinto, actual, crítico, gamberro e incorrecto. Unha revista ao vivo para repasar a actualidade con toda a liberdade que ofrece o escenario.

Ademais do "alcalde" de Marinaleda City, contaremos con personaxes como Mariano e os seus ánxeles (Espe, Ana e Soraya), o electricista da catedral de Santiago, o seu partenaire o Deán ou Chavela Farjas... E cunha chea de artistas preparados para dalo todo: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Carlos Santiago, Pablo Trasno, Marcos Ptt Carballido, Iria Pinheiro e o acompañamento musical ao vivo con Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.

4 comentarios

Catalina Sanchez Luengo
Catalina Sanchez Luengo: nen@s kon este cartelaso ...como pa non ir... alevosidade e nocturnidade buaaaaaaaaaaaa
|
Patricia de Lorenzo
Patricia de Lorenzo: Con este tempo, que mellor cousa se pode facer que ir á Ultranoite?
|
Le gusta a 1 personas
Xacobe Martínez Antelo
Xacobe Martínez Antelo: mola un montón...
|
Le gusta a 1 personas
iria pinheiro
iria pinheiro: Está xenial !!
|