Rede Nasa
Ultranoite no Pais dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
Primeiro cheo total na Ramallosa
Xron:Sábado noite e teatro petado, un clásico da Ultranoite que se repetiu unha vez máis na Ramallosa. E coma sempre, a combinación de sala chea, teatro e madrugada deu como resultado unha función intensa, cómplice e moito máis divertida.
Haz login o regístrate para poder comentar