Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:E pola noite debate no CDN dentro do ciclo "Los lunes con voz". O tema era "Eurozone, hai alternativas? Pero ao final o debate estivo polarizado e diminuído pola presenza dun ponente tirado dunha tertulia de Intereconomía que salferiu o diálogo con ideoloxía precociñada e lugares tan comúns que aborrecían a un santo. O resto ben, capeando o temporal como puideron, aí estiveron Carlos Berzosa, Ricardo Zaldívar e César Molinas tratando de dar algunhas claves para entendermos a crise e os horizontes de futuro da Unión Europea. Foi curioso ver este debate dentro do espazo escénico da obra, dáballe outra perspectiva pero quedáballe que nin pintado.
Haz login o regístrate para poder comentar