Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
Patricia de Lorenzo:
Estreamos mañá, ata entón últimos retoques, últimas compras... Despois destes dous meses de nube, toca toparse de novo co mundo da inoperancia e a irresponsabilidade política. "Tropa de gansters sen escrúpulos".
Aquí Pepe Penabade. Foto de Cuco Pino.