Patricia de Lorenzo:
E que é guapa!
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Seguimos traballando no mundo casino e fixemos esta proba para unha tragaperras dedicada aos líderes europeos. É evidente a relación entre as esfera da economía, a esfera da política e a esfera dos xogos de "azar". O símil do casino para referirse á escena económica actual utilízase a cotío. E nós estamos tratando de introducir un momento-casino na obra, aproveitando que o espazo no que transcorre a acción será unha especie de templo do xogo que non chegou a ser inaugurado, como tantos outros edificios construídos nos últimos anos.
Le gusta a 2 personas
1 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar