Arantza Villar:
Moi divertida esa mañá, probando diferentes propostas co texto orixinal de Reservoir Dogs...
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Outra impro á procura de como operar teatralmente en escena. Trátase de repartir unha escena de dous pesonaxes entre tres parellas de actores. Cada parella fai os mesmos personaxes, di o mesmo texto e executa os mesmos movementos, pero entran en escena con pequenas diferencias de tempo. É unha especie de canon que provoca un movemento escénico moi interesante. Xurde unha dinámica da propia escena que arrastra o interese do espectador por riba dos atrancos para entender a o diálogo. Unha multiplicación de factores que afectan a todo menos ao resultado. Outra maneira de velo é que se trata dun rebumbio que non aporta nada e que impide entender aos actores...
Le gusta a 2 personas
1 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar