Xron:
Beber non sei se beberá, pero seguro que fumaba porros.
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Patricia de Lorenzo:Como describir a Angela Merkel? É guapa, non si? Á parte da súa carreira impecable como física e imparable como política, da súa devoción cristiana ... alguén sabe algunha curiosidade? Gustaralle a cervexa? Ou preferirá o viño? Estará aínda na etapa da menopausia ou xa a pasaría moi prematuramente? ... Algunha información por aí?
3 comentarios
Haz login o regístrate para poder comentar
Patricia de Lorenzo:
Entereime dalgo máis, pola súa infancia conserva un xeito estricto-comunista de facer as cousas.
Sabe ruso.
En Alemaña as mulleres adoitan levar o apelido do home ao casaren e ela decidiu conservar o do primeiro marido e non cambialo polo do segundo. Podemos deducir que matou o primeiro marido pero quedou co seu apelido....
Non permite que o seu marido actual faga uso dos transportes propios da kanciller, faino viaxar en clase turista, non con ela.
Arantza Villar:
Eu creo que na intimidade practica o sadomasoquismo... Podo vela de dominatrix de coiro e botas de tacón de agulla, pero tamén a vexo de sumisa... que opinades vós??