Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Unha das primeiras cousas que fixemos en escenario foi que cada un de nós mostrase a súa versión da obra coa información que tiñamos o primeiro día. Houbo un tempo para prepararse a idea e para contarlla aos demais e logo 15 minutos para facela. Trátase de facer participativo o proceso, compartir visións, ideas e intentar que o escenario focalice todos os esforzos. Este é un fragmento de Eurozone segundo Borja, abordar a escena de todos matándose entre si con uns lendo o guión e outros facéndoo, todos ao mesmo tempo.
Le gusta a 1 personas
Haz login o regístrate para poder comentar